Frutales

slideFrutales

Mostrando 1–12 de 106 resultados

Albariñas

Árbore de porte medio e aberto. Variedade de maduración na 2ª quincena de xuño. Cór branca a encarnada de ben madura. Tamaño medio. Son moi sabedoras e carnudas. Moi productiva. Moi espallada ao norte do Eume

Read More

Anisete

Tamén chamadas “do Santiago”, Peros de canela e “agustinas”. Recollida en Celas (Culleredo). Noutrora moi estendida. Árbore de vigor medio, porte xuvenil ergueito, cos anos extendido, moi productivo e de rápida entrada en producción. Mazá de tamaño medio, cór amarela manchada de canela, bronceado pola cara do sol. Sabor doce suave, anisado, moi agradable, de carne blanda. Madurece polo Santiago e agosto.

Read More

Arillo

 

Árbore de porte ergueito, entrada lenta en producción e moi productivo. Claudia de maduración tardía, ovalada curta, cór granate, carne amarelo-verdosa, firme ca carambuña solta, bon sabor. O seu principal interés está na súa rusticidade e produción tardía, mediados de setembro en diante según localización.

Read More

Barburiña

Recollida en Piñeiro (Xemade). Pereira noutrora moi extendida por Galicia, vigorosa de nova, de porte ergueito e tamaño grande, moi productiva e resistente. As peras son de tamaño medio a pequeno, cór verde clara, forma apuntada nos extremos e máis grosa no medio (parecida á variedade comercial Blanquilla). Carne blanda sen areas, con moitísima auga e sabor excelente, que recorda á Urraca. Madurece en agosto-setembro.

Read More

Bicuda

Recollida en Cela (Cambre).Maciñeira de tamaño pequeno a medio, porte aberto. Mazá troncocónica de tamaño medio, cor amarela clara, ás veces colorada por un lado. Carne branca, medianamente zumenta, de sabor doce suave. Moi sabedora. É unha mazá moi equilibrada en todo, sabor, dureza, tamaño…Boa conservación.

Read More

Bolsa de auga

Moi coñecida e cultivada en toda Galicia con distintos nomes según zonas: claudia amarela, xemeira, xaponés,bolsas de auga amarelas… A árbore é de porte estendido, moi productivo, posiblemente autofértil. O froito é de tamaño grande, coa pel e carne amarelas, moi zumento, moi sabedor. Maduración en xulio.

Existe outra variedade con froito de tamaño medio, igualmente productiva, e de similares características.

Read More

Breva rosa

Dá dúas colleitas se ven boa a primavera, a primeira con figos moi grandes e a segunda bos, pero algo máis pequenos. Cór verdoso rosado, moi doces. Moi productiva. Maduración en xullo e mediados de agosto en diante.

Read More

Brevas negras

Tamaño grande. Cór púrpura negro. Carne branco rosada, bastante doce. madurece a partir de primeiros de setembro, aínda que ás veces dá unha pequena colleita anteriormente. Moi productivo.

Read More

Burlat

Porte semiergueito. Vigorosa e produtiva.Froito grande encarnado escuro, brillante. Moi boa para mesa.

Read More

Camoesa

Maceira de vigor e porte medios. Mazá de cór amarela algo colorada polo lado do sol e tamaño medio ou grande,boa para consumo de mesa. Carne branco cremosa medianamente zumenta, de sabor doce e pouca acidez. Variedade de moita conservación.Mellor en zonas de vran caluroso.

Read More
Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR