Ameixas

Mostrando 1–12 de 13 resultados

Arillo

 

Árbore de porte ergueito, entrada lenta en producción e moi productivo. Claudia de maduración tardía, ovalada curta, cór granate, carne amarelo-verdosa, firme ca carambuña solta, bon sabor. O seu principal interés está na súa rusticidade e produción tardía, mediados de setembro en diante según localización.

Read More

Bolsa de auga

Moi coñecida e cultivada en toda Galicia con distintos nomes según zonas: claudia amarela, xemeira, xaponés,bolsas de auga amarelas… A árbore é de porte estendido, moi productivo, posiblemente autofértil. O froito é de tamaño grande, coa pel e carne amarelas, moi zumento, moi sabedor. Maduración en xulio.

Existe outra variedade con froito de tamaño medio, igualmente productiva, e de similares características.

Read More

Claudia branca do país

Recollida en Fene. Árbore de tamaño pequeno a medio,…
Recollida en Fene. Árbore de tamaño pequeno a medio, de vigor medio, productivo. Froito de cór verde amarelo, frecuentemente algo…
Read More

Collón de frade negro

Recollida en Castelo (Culleredo). Variedade vigorosa e productiva. Froito grande, rosado a negro de forma ovalada, truncada nos extremos. Carne verdosa, doce,de bon sabor.Madurece a finais de agosto.

Read More

Collón de frade roxo

Recollida en Fene. Variedade de vigor medio moi productiva e de entrada en producción moi rápida. Froitos de tamaño medio a grande, alargados de cór purpúra. Carne firme e sabor agradable. Madurecen a finais de agosto.

Read More

Fatón verde

Recollido en Sillobre (Fene). Árbore de bon vigor. Froito grande, verde, moi sabedor. Madurece en agosto.

Read More
Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR