Frutales

slideFrutales

Mostrando 25–36 de 106 resultados

De cera

Tamén chamada “de Neuton”. Recollida en Perlío (Fene). Maciñeira vigorosa de porte ergueito e de producción media a alta según a zona. A mazá é grande, moi atractiva de cór amarela e anaranxada pola cara do sol, forma irregular, normalmente globoso-achatada, de moi bon sabor, doce e acanelado con pulpa amarela. Maduración en agosto-setembro. Excelente mazá de mesa.

De Pico

Recollida en Ombre (Pontedeume). Porte medio a grande. Cereixa roxa, facendo pico e bastante grande. Carne branda, zumenta e lixeiramente ácida. Moi sabedora. Madurece na primeira quincena de xuño (8 de xuño).

De viño

Recollida en Nogueirosa (Pontedeume). Porte medio e semiergueito. Cereixa bastante grande, cór negra e de carne tinguida que mancha moito. Moi bon sabor . Madurece na segunda quincena de maio.

Do Rabo curto

Cerdeira de tamaño grande e porte semiaberto,moi productiva. A cereixa e encarnada, de tamaño medio , de sabor exquisito, moi doce e zumenta. Non regaña coa auga. Madurece a mediados de xuño.

Do Santiago- A Capela

Recollida na Capela (A Capela). Moi extendida na comarca eumesa. Maciñeira de tamaño grande e porte ergueito. Productiva. Mazá de tamaño pequeno. Cor encarnada escura, fondo amarelo crema, con lenticelas marcadas e cera na superficie. Forma variable, predominando a redonda algo achatada.Moi aromática. Carne branco-crema tinguida de cores roxizas. Pódese comer coa pel. Sabor doce, de máis verde cun pouquiño de acidez. Medianamente zumenta. Madurece a finais de xullo e agosto.

Fada

Variedade orixinaria da Comarca de Santiago. Maceira vigorosa e de porte semiaberto. Mazá de tamaño medio, aromática, amarela, de sabor suave e sen acidez. Madurece en outono – novembro e consérvase ata final de marzo.

Fatón verde

Recollido en Sillobre (Fene). Árbore de bon vigor. Froito grande, verde, moi sabedor. Madurece en agosto.

Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR