Frutales

slideFrutales

Mostrando 37–48 de 106 resultados

Figos Brancos

Figo de tamaño grande. Cór verde amarela. Carne branco-verdosa a lixeiramente rosada, de sabor fresco, doce e deliciosa. Madurece no mes do Santiago.

Figos de Malva

Figo de tamaño grande e groso. Cór verde. Carne moi atractiva de cór malva. Sabor suavemente doce. Madurece por Santa Mariña. Se o sitio é cálido da una segunda colleita en setembro.

Francesa moi grande

Bós. Árbore pouco vigorosa de porte semiaberto. Moi productiva. Mazá moi grande, con raias roxas medianamente marcadas. Forma variable de plana globosa a troncocónica. Carne branca cremosa, medianamente zumenta, doce e lixeiramente ácida. Recóllese en setembro. Boa conservación.

Leclerc

Pereira vigorosa e productiva. Pera de tamaño grande ou moi grande, grosa. Cór amarela-bronce. Carne con moita auga. Madurece a finais de setembro e consérvase uns dous meses. De moi boa adaptación.

Manteiga de Galicia

Recollida en Ferrol. Pereira vigorosa e moi productiva. Froito de tamaño medio, arredondado, amarelo. De carne blanda moi sabedora e zumenta. Entrada lenta en producción Madurece en agosto e recóllese escalonadamente.

Manteiga de ouro

Recollida en Perlío (Fene), ampliamente extendida por Galicia e apreciadísima. A árbore é de vigor débil a medio e porte ergueito e pequeno. Moi productiva. Pera de tamaño medio e cór dourada con manchas marróns que poden cubrir toda a superficie; forma acampanada. Carne con moito zume moi gustosa. Madurece en agosto. Sen dúbida unha das melloras peras do país.

Manteiga do país

(Tamén coñecida por outros nomes según localidades). Pereira pouco vigorosa e de porte semiestendido. Peras de tamaño grande, aspecto non moi bonito, con moitísima auga, de carne fina e exquisito sabor. Madura en agosto – setembro.

Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR