Frutales

slideFrutales

Mostrando 73–84 de 106 resultados

Príncipe de cedo

Recollida en Ribeira do Belelle- Sillobre (A Coruña).Vigorosa, de crecemento semiergueito. Moi productiva. Mazá grande, amarela con raias encarnadas. Sabor moi bon, semiácido, moi zumenta, polo que tamén se aproveita para sidra. Parecida á Roxelia pero madurece a finais de setembro.

Príncipe grande

Orixinaria de Nogueirosa (Pontedeume). Árbore de vigor medio – baixo e porte semiergueito. Mazá de tamaño grande, forma achatada a redonda cónica e de cór roxo a raias sobre fondo amarelo cando está madura. Carne de cor branca, de firmeza intermedia, zumenta e semiácida. Madurece a finais de setembro. Boa conservación.

Querina

Selección francesa resistente ó moteado. Maciñeira vigorosa de porte ergueito de nova, máis aberto coa edade. Moi productiva e de entrada moi rápida en producción. Mazá cor roxa escura, de troncocónica a achatada, con lenticelas marcadas. Tamaño medio a grande. Madura no mes de outubro. Boa conservación.

Reineta branca

De orixe francés. Arbore vigorosa de porte grande semiestendido. Froitos grandes, achatados cór amarela limón co punteado típico das reinetas. Carne algo ácida e doce moi gustosa. De boa conservación.

Reineta de Agosto

Recollida en San Xoán de Piñeiro (Mugardos). Árbore vigorosa de porte semiergueito. Mazá de tamaño medio, cór encarnada e algo raiada. A carne é branda, branca, zumenta e doce suave de moi bon sabor. Madurece en agosto – setembro.

Reineta de gardar

(Reineta de tarde).-Recollida en Perlío (Fene). Noutrora frecuente na comarca de Ferrol. Árbore vigorosa de gran porte semiergueito, moi productiva. Mazá de tamaño medio, cor encarnada e fondo verde. Carne firme, branco verdosa de sabor agradable, fresco, pouco marcado. Madurece en Novembro. O seu principal interés está en ser unha mazá moi atractiva e con longo período de conservación (ata remates de maio).

Reineta encarnada

Árbores vigorosas de gran porte semiergueito, de boa adaptación nos climas húmidos, bastante resistente ás enfermidades. Árbore autofértil e productiva. Mazá arredondada, encarnada sobre fondo verdoso amarelo de bon sabor. Madurece en outubro-novembro e consérvase ata marzo-abril.

Reineta Gris

Características similares á reineta branca pero coa pel de cór pardo como as tabardillas.

Reineta raiada ou do país

Recollida en Perlío (Fene). Noutrora moi estendida en Ferrolterra e comarcas limítrofes. Árbore vigorosa de gran porte semierguido, moi productiva. Mazá grande a moi grande, cór encarnado vivo, estríado sobre fondo amarelo esvaído. Sabor ácido, algo astrinxente, pero moi agradable.Carne algo rosada ó lado da pel e incluso no interior. Madurece en outubro. É unha mazá de alto rendemento e calidade para a producción de sidra e para mesa e cociña según gustos.

Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR