Frutales

slideFrutales

Mostrando 85–96 de 106 resultados

Repinaldo roxo

Tamén chamado Repinaldo roxo. Recollida en San Xoán de Piñeiro (Mugardos). Vigor medio, porte semiergueito, productiva. Mazá de bon tamaño, cor encarnada sobre fondo amarelo, de forma troncocónica aperucada. Carne branca ou algo amarela, firme pero branda, moi equilibrada na acidez, de sabor especial, suave e moi rico. Maduración tardía e conservación ata abril. Boa mazá de mesa.

San Isidro

Recollida en Sillobre (Fene). Árbore pouco vigorosa de porte semiestendido. Mazá de tamaño grande; cór variando de verde estriado de bermello a encarnado rosado, moi feitiña e atractiva; de carne blanda,con acidez, e maduración temperá (xullo).

San Ramón

Recollida en Ribeira do Belelle-Sillobre (Fene). Estendida polos concellos de Ferrolterra. Árbore de vigor medio a débil, porte pequeno e semiestendido, moi productivo e de entrada en producción moi rápida. A mazá é potencialmente grande, aínda que a súa alta producción fai que ás veces se quede pequena se non se abona e rarea correctamente. É de cór encarnada non uniforme sobre fondo verde, carne zumenta, branca e blanda, cun sabor particular. Madurece en agosto-setembro.

San Xoán

Árbore vigorosa con porte semiaberto, de producción regular e abondosa, moi resistente a condicións climáticas adversas. O froito é medio a pequeno (cando carga moito), cór verdoso-amarelo e colorado, moi bonito, redondo e de carne algo amarela. Moi sabedor. Madurece en Xuño.

San Xoán

Recollida en Perlío (Fene), vigor medio a forte. Moi productiva. Peras de tamaño pequeno a medio, cór amarela, colorada pola cara do sol, de sabor doce e carne fina e zumenta, moi sabedora.

Sangue de touro

Recollida en Naraío (San Sadurniño), moi extendida e apreciada en toda Galicia. Variedade pouco vigorosa de porte semiergueito, moi productiva. A mazá é de tamaño grande e da cór do sangue. Carne firme branco verdosa, lixeiramente astrinxente ó comela, pero cun regusto moi agradable. Madurece a finais de outubro e consérvase ata o mes de febreiro.

Sta. María

Recollida no Pazo de Galegos (Frades). Mazá estendida na comarca de Ordes; de vigor medio, porte semiestendido e tamaño medio; productiva. Froitos de tamaño medio , forma redonda a troncocónica de cór estriado encarnado, por zonas granate, o que a fai moi atractiva. Carne semiblanda moi sabedora, con tintes rosados polo medio. Maduración de mediados de agostoen diante.

Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR