Frutales

slideFrutales

Mostrando 97–106 de 106 resultados

Sunmit

Porte semiergueito, medianamente productivo, pero con froito de grande calidade, acorazonado,negro, firme e crocante. Poliniza con Sunburst.

Tabardilla 1

Recollida na Capela (A Capela). Variedade que non debera faltar en ningunha horta pola súa rusticidade. A maciñeira é de vigor medio, porte medio e estendido e moi productiva; entrada rápida en producción. Mazá normalmente de calibre medio, moi feita. Cór parda uniforme sobre fondo verde, carne de sabor acelmoso, algo acanelado. Madurece no mes de outono e consérvase ata xaneiro. Non debe confundirse ca Reineta Gris, erróneamente chamada tamén Tabardilla nos mercados, que é de maior tamaño e moi sensible á enfermidade do cancro.

Tabardilla 2

Recollida en Galegos (Frades).Variedade vigorosa de porte grande e semiestendido, moi productiva, con entrada en producción lenta. Mazá de tamaño grande de forma algo irregular. Cór parda sobre fondo amarelo, carne moi sabedora e zumenta. Madurece no mes de setembro-outono e consérvase máis que a anterior.

Tabardilla branca

Recollida en San Mateo (Ferrol). Existen varias variedades con este nome, quizais sexa esta unha das mellores. Maciñeira de porte pequeno e aberto. Mazá de tamaño grande. Forma plana globosa. Pel amarela punteada, ás veces colorada por un lado. Carne branco-amarela, algo aromática, granulosa, con zume, bon gusto e mellor regusto. Non é seca ainda que esteña rechumecida. Moi boa conservación, algunhas ata mediados de xuño.

Tres en Cunca de gardar

Recollida en Sta. María de Ró (Noia), moi estendida en toda Galicia. Tamén lle chaman “Cacharela” e “de inverno”. Existen numerosas variedades co nome de Tres en cunca. Coinciden todas no tamaño grande da mazá e na cór da mesma.A conservación varía de unhas a outras. A variedade que describimos é maciñeira vigorosa de nova, de porte semiestendido, moi productiva. O froito é potencialmente moi grande, verde-amarelo na madurez-que pode estar bronceado polo sol. Sabor semiácido agradable, pouco marcado. Carne firme e amarelo-verdosa. Madurece en novembro e gárdase ata abril. É unha mazá de moita calidade, pero que require exposicións ben sollías para acadar todo o seu sabor.

Tres en rama

Recollida en Naraío (San Sadurniño) pero moi estendida nas provincias atlánticas, aínda que poucas veces se lle coñece o nome; de moita sona na comarca de Arzúa e limítrofes. As árbores son de vigor medio a baixo e porte grande semiestendido, medianamente productivos. O froito e verde-amarelo de maduro, algo bronceado por onde lle dá o sol, de tamaño grande, ás veces extraordinario. Carne firme, blanda de madura, branca, de un doce moi suave e fino, deliciosa. Maduración setembro-outono.

Urraca francesa

Recollida en Mundín (Fene). Árbore vigorosa, productiva e de porte semiaberto. A pera é de tamaño medio e con forma típica de pera. De cór roxa sobre fondo amarelo escuro. Sabor exquisito. Madurece en agosto- setembro.

Urraca lexítima

Recollida en Montouto (Abegondo), extendida por todo o país. Pereira vigorosa e productiva, de entrada lenta en producción. Pera de tamaño pequeno ou mediano. Cór marrón avelá colorado pola insolación, con fondo amarelo. Carne de sabor exquisito, quizáis máis ca ningunha outra pera; con moita auga. Madurece de finais de agosto en diante. Alta cotización nos mercados locais.

Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR