Peras

Mostrando 1–12 de 25 resultados

Barburiña

Recollida en Piñeiro (Xemade). Pereira noutrora moi extendida por Galicia, vigorosa de nova, de porte ergueito e tamaño grande, moi productiva e resistente. As peras son de tamaño medio a pequeno, cór verde clara, forma apuntada nos extremos e máis grosa no medio (parecida á variedade comercial Blanquilla). Carne blanda sen areas, con moitísima auga e sabor excelente, que recorda á Urraca. Madurece en agosto-setembro.

Read More

Campana de inverno

Recollida en Perlío (Fene). Tamén chamada “manteca de inverno”, pereira de vigor medio, moi productiva. Froito grande a moi grande de forma alargada, cór verde-amarela, rosada por onde lle dá o sol. Carne de bon sabor e zumenta. Madurece no outono e pode consérvarse ata o Nadal. Excelente como pera de mesa e tamén para cociña.

Read More

Conferencia

Variedade de vigor medio a baixo, productiva según zonas. Moi cultivada por toda Europa. Pera alargada de cór verde manchado de pardo (con “russeting”). Tamaño grande e pulpa fina, zumenta e doce, de sabor exquisito. Madurece en setembro e consérvase dous meses.

Read More

Leclerc

Pereira vigorosa e productiva. Pera de tamaño grande ou moi grande, grosa. Cór amarela-bronce. Carne con moita auga. Madurece a finais de setembro e consérvase uns dous meses. De moi boa adaptación.

Read More

Manteiga de Galicia

Recollida en Ferrol. Pereira vigorosa e moi productiva. Froito de tamaño medio, arredondado, amarelo. De carne blanda moi sabedora e zumenta. Entrada lenta en producción Madurece en agosto e recóllese escalonadamente.

Read More

Manteiga de ouro

Recollida en Perlío (Fene), ampliamente extendida por Galicia e apreciadísima. A árbore é de vigor débil a medio e porte ergueito e pequeno. Moi productiva. Pera de tamaño medio e cór dourada con manchas marróns que poden cubrir toda a superficie; forma acampanada. Carne con moito zume moi gustosa. Madurece en agosto. Sen dúbida unha das melloras peras do país.

Read More

Manteiga do país

(Tamén coñecida por outros nomes según localidades). Pereira pouco vigorosa e de porte semiestendido. Peras de tamaño grande, aspecto non moi bonito, con moitísima auga, de carne fina e exquisito sabor. Madura en agosto – setembro.

Read More
Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR