PRODUCTOS GALLEGOS

slideGallegos

Mostrando 109–120 de 124 resultados

Sangue de touro

Recollida en Naraío (San Sadurniño), moi extendida e apreciada en toda Galicia. Variedade pouco vigorosa de porte semiergueito, moi productiva. A mazá é de tamaño grande e da cór do sangue. Carne firme branco verdosa, lixeiramente astrinxente ó comela, pero cun regusto moi agradable. Madurece a finais de outubro e consérvase ata o mes de febreiro.

Read More

Sta. María

Recollida no Pazo de Galegos (Frades). Mazá estendida na comarca de Ordes; de vigor medio, porte semiestendido e tamaño medio; productiva. Froitos de tamaño medio , forma redonda a troncocónica de cór estriado encarnado, por zonas granate, o que a fai moi atractiva. Carne semiblanda moi sabedora, con tintes rosados polo medio. Maduración de mediados de agostoen diante.

Read More

Sunmit

Porte semiergueito, medianamente productivo, pero con froito de grande calidade, acorazonado,negro, firme e crocante. Poliniza con Sunburst.

Read More

Tabardilla 1

Recollida na Capela (A Capela). Variedade que non debera faltar en ningunha horta pola súa rusticidade. A maciñeira é de vigor medio, porte medio e estendido e moi productiva; entrada rápida en producción. Mazá normalmente de calibre medio, moi feita. Cór parda uniforme sobre fondo verde, carne de sabor acelmoso, algo acanelado. Madurece no mes de outono e consérvase ata xaneiro. Non debe confundirse ca Reineta Gris, erróneamente chamada tamén Tabardilla nos mercados, que é de maior tamaño e moi sensible á enfermidade do cancro.

Read More

Tabardilla 2

Recollida en Galegos (Frades).Variedade vigorosa de porte grande e semiestendido, moi productiva, con entrada en producción lenta. Mazá de tamaño grande de forma algo irregular. Cór parda sobre fondo amarelo, carne moi sabedora e zumenta. Madurece no mes de setembro-outono e consérvase máis que a anterior.

Read More

Tabardilla branca

Recollida en San Mateo (Ferrol). Existen varias variedades con este nome, quizais sexa esta unha das mellores. Maciñeira de porte pequeno e aberto. Mazá de tamaño grande. Forma plana globosa. Pel amarela punteada, ás veces colorada por un lado. Carne branco-amarela, algo aromática, granulosa, con zume, bon gusto e mellor regusto. Non é seca ainda que esteña rechumecida. Moi boa conservación, algunhas ata mediados de xuño.

Read More
Show Right Sidebar:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR