Anisete
Tamén chamadas “do Santiago”, Peros de canela e “agustinas”. Recollida en Celas (Culleredo). Noutrora moi estendida. Árbore de vigor medio, porte xuvenil ergueito, cos anos extendido, moi productivo e de rápida entrada en producción. Mazá de tamaño medio, cór amarela manchada de canela, bronceado pola cara do sol. Sabor doce suave, anisado, moi agradable, de carne blanda. Madurece polo Santiago e agosto.