Bicuda

Recollida en Cela (Cambre).Maciñeira de tamaño pequeno a medio, porte aberto. Mazá troncocónica de tamaño medio, cor amarela clara, ás veces colorada por un lado. Carne branca, medianamente zumenta, de sabor doce suave. Moi sabedora. É unha mazá moi equilibrada en todo, sabor, dureza, tamaño…Boa conservación.

Categorías: ,