Campana de inverno
Recollida en Perlío (Fene). Tamén chamada “manteca de inverno”, pereira de vigor medio, moi productiva. Froito grande a moi grande de forma alargada, cór verde-amarela, rosada por onde lle dá o sol. Carne de bon sabor e zumenta. Madurece no outono e pode consérvarse ata o Nadal. Excelente como pera de mesa e tamén para cociña.