De cera
Tamén chamada «de Neuton». Recollida en Perlío (Fene). Maciñeira vigorosa de porte ergueito e de producción media a alta según a zona. A mazá é grande, moi atractiva de cór amarela e anaranxada pola cara do sol, forma irregular, normalmente globoso-achatada, de moi bon sabor, doce e acanelado con pulpa amarela. Maduración en agosto-setembro. Excelente mazá de mesa.