Príncipe grande
Orixinaria de Nogueirosa (Pontedeume). Árbore de vigor medio – baixo e porte semiergueito. Mazá de tamaño grande, forma achatada a redonda cónica e de cór roxo a raias sobre fondo amarelo cando está madura. Carne de cor branca, de firmeza intermedia, zumenta e semiácida. Madurece a finais de setembro. Boa conservación.