Reineta de gardar

(Reineta de tarde).-Recollida en Perlío (Fene). Noutrora frecuente na comarca de Ferrol. Árbore vigorosa de gran porte semiergueito, moi productiva. Mazá de tamaño medio, cor encarnada e fondo verde. Carne firme, branco verdosa de sabor agradable, fresco, pouco marcado. Madurece en Novembro. O seu principal interés está en ser unha mazá moi atractiva e con longo período de conservación (ata remates de maio).

Categorías: ,