Repinaldo roxo

Tamén chamado Repinaldo roxo. Recollida en San Xoán de Piñeiro (Mugardos). Vigor medio, porte semiergueito, productiva. Mazá de bon tamaño, cor encarnada sobre fondo amarelo, de forma troncocónica aperucada. Carne branca ou algo amarela, firme pero branda, moi equilibrada na acidez, de sabor especial, suave e moi rico. Maduración tardía e conservación ata abril. Boa mazá de mesa.

Categorías: ,